Por fin chegou o día, os trasniños e as trasniñas hoxe fomos a explorar a Illa de Ons!!!
Hai uns días Papirus enviounos unha carta na que nos contaba que sabía que estabamos traballando moito no noso proxecto de investigación sobre Bueu e nos invitaba a descubrir mediante un código secreto o máxico lugar a onde iamos ir de excursión de fin de curso todas e todos xuntos...
Fomos quen de descifrar o código secreto e así descubrimos que o noso destino era a Illa de Ons!!
Nas clases preparamos a saída... fixemos o plan do día marcando as cousas que iamos facer...
1º Saimos do peirao de Bueu
2º O barco nos leva á Illa de Ons
3º Facemos a ruta do castelo
4º Comemos
5º Xogamos na praia
6º O barco nos trae de volta para Bueu.
Tivemos que trazar a ruta que o barco faría pola ría, descubrimos a historia de Benxamín un cachalote da illa de Ons que quería ser golfiño... e marcamos como obxectivo descubir os restos do castelo que grazas aos libros que trouxeron os trasniños ao cole sabíamos que había na illa...
Traballamos moito moitísimo e por fin, logo de tanta preparación, chegou o día sinalado no noso calendario, e comezamos a nosa aventura!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario