13 de maio de 2022

AS LETRAS GALEGAS E FLORENCIO DELGADO

Un ano máis o noso cole quixo conmemorar o día das Letras Galegas, e dende o equipo de dinamización lingüística propuxéronnos completar a súa biografía para colgar no mural da entrada ao cole dos maiores.

Despois de averiguar que este ano o homenaxeado era FLORENCIO DELGADO, os trasniños e trasniñas tiñamos que averiguar CANDO e ONDE nacera o autor.

Xunt@s buscamos información, observamos o seu día e ano de nacemento e contamos cantos anos pasaran xa dende que naceu ata hoxe, a táboa do 100 quedábanos pequena!!! Tamén localizamos nun mapa Bueu e Ourense, vimos cantos quilómetros separaban a nosa vila, da provincia na que nacera Florencio e fixemos unha composición, entre todos e todas, para o mural de primaria grazas as marabillosas ilustracións de Blanca Millán. 


Ademáis ao longo da semana aprendimos a canción "Aí vén o Maio", unha adaptación dos versos incluídos no primeiro libro "Bebedeira" (1934) de Florencio Delgado que o  mestre Nacho Hermida do CEIP Julio Gurriarán fixo para "PRIMAVERA DAS LETRAS"; hoxe as e os trasniñas decoraron e levaron para casa a letra para poder cantar con todos e todas vós.


Ningún comentario: