Hoxe festexamos no cole o aniversario da nosa benquerida Rosalía!
Seguindo as indicacións do mandadiño viñemos disfrazados de Rosalía da casa e completamos o noso atuendo na escola... tomando como base a fermosísima ilustración que de Rosalía De Castro fixo a artista Iria Ribadomar preparamos unhas caretas, picando con moito cariño os ollos e pegámoslle un pauciño para poder colocala diante da cara.
Primeiro fixemos a cabeza do moucho, colocando dous grandes ollos cuns círculos de cor branco e uns botóns, na cabeza pegamos tamén o pico.
Logo pegamos o penedo, as ás, o corpo e a cabeza do moucho nun vasiño ao que lle fixemos uns buratos e lle puxemos unhas palliñas para lograr maxicamente que o noso moucho se movera...
Cos mouchos rematados e as nosas caretas saímos ao patio para cantar o poema de Rosalía, movendo os nosos mouchos ao ritmo de Migallas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario