24 de xaneiro de 2022

Merendamos batido!!!

Na pizarra máxica das trasniñas e trasniños temos un xogo moi divertido para facer postres; o profe David axúdanos cada día a escoller receita, mesturar ingredientes, botar as cantidades precisas.... Un deses postres é o batido, así que un bo día o profe David tivo unha idea moi especial, podíamos facer o noso propio batido.

O primeiro paso foi escoller de que froita queríamos que fose o batido; plátano, amorodo, piña...colocamos pratos coas distintas opcións e de un en un votamos para ver cal era a nosa opción favorita, a torre máis alta sería a gañadora.

Co batido de amorodos no primeiro lugar o profe David preparou a receita para poder seguir os pasos e que o noso batido fose perfecto. Compuxemos o nome da receita, completamos coas que letras que faltaban os ingredientes e ordenamos a secuencia dos seis pasos que tiñamos que seguir para conseguilo, dende lavar a froita ata decorar o noso vasiño.

                                Puxémonos mans a obra e.... lavamos e cortamos os amorodos


despois botamos os amorodos e o leite dentro da xerra


Prememos no botón "batidos" e..... pouco a pouco todos os amorodos trituráronse e  mesturánronse co leite


enchemos os vasiños e os decoramos con palliñas super chulis, parasois e froitas de papel...


e como non podía ser doutro xeito...... ummmm delicioso!!!!! 


Profe David, moitas grazas, xa estamos desexando repetir e facer un novo batido!!!! Estaba súper súper rico!!!!!

Ningún comentario: