Hoxe os trasniños saímos do cole para celebrar a festa da nosa lingua: o galego!!! Foi moi emocionante porque baixamos ao centro social en autobús!!! Ao chegar alí sentamos nas butacas e desfrutamos dunha morea de trucos de maxia e das historias cantadas que o grupo Música Miúda tiña prepardas para todos e todas nós.
Cantamos, bailamos, camiñamos coma dinosauros, fixémos de carrapuchiñas e sobre todo, pasámolo moi moi ben!!!!!
Moitas grazas polo convite!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario