Parece que foi onte cando os trasniñ@s comezaban as súas aventuras no cole e xa estamos no último trimestre do curso!!!
Estes días descubrimos cal será a nosa seguinte aventura na escola, unha mañá apareceron seis letras colgadas na nosa cortina, todas as letras era ben coñecidas por nós: a de Cris, a de oso, a de Noa..... siiii!!!! A palabra agochada era CONTOS , eles serán os protagonitas das cousiñas que imos traballar no cole nas vindeiras semanas.
Primeiro averiguamos cal era o conto ou contos favoritos de cada trasniña e trasniño, algúns son moi coñecidos: O Coelliño Branco, Cocorico, Os tres porquiños.... outros o son un pouquichiño menos, xuntos os descubriremos e as súas personaxes nos acompañarán e farán vivir moitos momentos únicos.
Deixámosvos a canción dun dos nosos contos favoritos: COCORICO da fábrica de contos OQO editora. Cantade e bailade con nós!!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario