Papirus estaba paseando polo fondo de mar con Cocorola e atopouse cun bastoncillo que os deixou atrapados nunha montaña de toalliñas húmidas, trasniñas, trasniños, preciso da vosa axudaaaa!!!!!
Así comezaba a nosa misión número 8! Na caixa de peixiños atopamos bastonciños, toalliñas húmidas de varios tipos, algodón e papel hixiénico branco e rosa.
Papirus contounos que hai moitas cousas que reciclamos no colector correcto, pero outras moitas que tiramos polo wc coma se fose unha papeleira. Moitas desas cousas non se desfan (ou tardan moito tempo en desfacerse) e atascan as depuradoras ou terminan no mar.
Papirus propúxonos facer un experimento, nunha gabeta transparente con moita auga tiñamos que meter o material que deixou: as toalliñas (unhas marcan que se poden desbotar polo wc, e outras que non), os bastonciños, o algodón e o papel hixiénico.
Fixemos diferentes hipóteses do que ía a acontecer e de seguido os encargad@s foron buscar auga para encher as gabetas e introducir os diferentes obxectos.
Despois observamos o que acontecía, primeiro o deixamos reposar e logo probamos a remexer....
Parecía maxia, o papel hixiénico estaba desfeito, disolvérase na auga, pola contra as toalliñas (as dos dous tipos) o algodón e os bastonciños estaban intactos. Entendimos que as toalliñas que poñen que se poden tirar ao wc son biodegradables, pero tardan moitísmo tempo es desfacerse, polo que é mellor que as tiremos no colector verde.
Cos resultados claros collimos as fotos que nos deixou Papirus e as colocamos no lugar correcto atendendo as que podemos tirar polo baño e as que debemos reciclar no colector correspondente.
Papirus quere que os trasniñ@s estemos moi moi concienciados cos ODS e non quixo deixar atrás os obxectivos " Auga limpa e saneamento" e "vida submarina".
Os trasn@s cumplimos a nosa misión, polo que conseguimos un novo selo, agora soamente temos que contarlle a todas as nosas familias que non podemos tirar nada polo baño que non sexa papel hixiénico.
Noraboa trasniñ@s!!!
Cada día estamos máis preto de converternos en superheroes e superheroínas comprometidos co noso planeta!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario