Despois duns días, os trasniñ@s por fin conseguimos xuntar un vasiño de iogur para cada un de nós como nos pedira Papirus no seu último vídeo, recordades?
Así que o noso polbiño máis querido cumpriu a súa promesa e deixounos a súa caixiña cunha nova misión.
Dentro estaban os envases de iogur, moitas pegatas super chulis, algodón, un pulverizador con auga e.... fabas, si si fabas!!!!
Nesta misión tiñamos que seguir reutilizando o lixo, desta volta tiñamos que converter o envase do iogur nunha casita para as fabas.....así que con moito cariño decoramos os vasiños de iogur.
Despois collimos un anaco de algodón e o colocamos no fondo do vaso, contamos ata tres para meter dentro tres fabas e as tapamos con outro pouquichiño de algodón, e.... o máis divertido regamos!!!!
Observaremos cada día o que acontece cos nosos vasiños......










Ningún comentario:
Publicar un comentario