18 de outubro de 2020

Os agasallos da ANPA!!

 Estes días os trasnos estamos a desfrutar dos novos materiais que temos na escola grazas á xenerosidade da Asociación de Nais e Pais do noso cole. Os papis e as mamis quixeron dotar ao cole de infantil de materiais que nos axudaran a vivir a nosa aventura na escola dun xeito máis motivador!!

Temos en todas as aulas uns fantásticos paneis de luz cunha chea de materiais traslúcidos cos que traballar sobre eles...números, letras, formas xeométricas planas e tridimensionais....





E temos tamén un equipo de son e unha máquina de facer burbullas de xabón cos que podemos poñer alegría e música nos recreos...





Deixámosvos unhas fotiños traballando coa "tele máxica" ou "mesa máxica" que é como lle chaman os trasnos...



Ningún comentario: