25 de setembro de 2020

TRABALLANDO NA ESCOLA!

Hoxe os trasniños e as trasniñas estivemos moi atarefados!!! 

As profes colleron no armario uns botes grandes de cores, uns pratos e pinceis e propuxéronnos crear a que foi a primeira de moitas obras de arte que faremos no cole. 

Tamén tivemos tempo de cantar e bailar.... hoxe descubrimos dúas novas cancións, unha de Uxía Lambona e a Banda Molona que fala do Outono.... e outra que nos recorda o importante de non despistarnos para poder protexernos a nós mesmos e aos demais.... queredes cantar e bailar con nós???

 


Ningún comentario: