Hoxe foi un día moi moi especial, as aulas enchéronse de trasniños e trasniñas con moitas ganas de pasalo ben e desfrutar do seu primeiro día de cole.
Cando entramos na nosa clase colgamos a bolsiña no percheiro que tiña a nosa foto, e puxemos o mandilón; despois sentadiños na alfombra pasamos lista, para comprobar que todas e todos os do equipo estábamos no cole. Na nosa mesa ademáis das nosas fotos tiñamos un debuxo dun animal!!! As xirafas, os koalas, os osos panda e os dinosaurios serán os nosos equipos.
Xogamos á casiña, os puzles, os coches, as pezas de construcción.... e cando nos quixemos dar conta... xa era hora de marchar, que rápido pasou o tempo!!!






As profes leváronnos ao baño, fixemos pis, lavamos as mans e voltamos á clase para quitar o mandilón e escoitar moi moi atentos o conto "O coelliño branco".
Primeiro día superado, sodes uns auténticos campións e campionas!!!! Noraboa!!! Mañá máis!!!






Ningún comentario:
Publicar un comentario