Na proposta de hoxe @s trasniñ@s teñen que reproducir a disposición de obxectos(formas xeométricas) no espazo, de xeito que respecten a orde na que son presentados dentro da cuadrícula.
Está actividade xa a traballamos no cole, porque estimula a atención do alumnado e a súa memoria visual, ademáis de traballar a distribución espacial, as formas xeométricas e os números ordináis.
O primeiro que faremos será debuxar unha cuadrícula de 3*3 similar á que temos no modelo.
A continuación seguiremos tres pasos:
2º - Copia de filas ou columnas: os trasniños recibirán unha orde, e debuxarán soamente o que lles pedimos: copia a segunda columna, copia a primeira fila, copia a diagonal que vai de arriba abaixo....
3º - Copia mixta: os trasniños estarán moi atentos as indicacións que lles deades, mesturando filas e columnas (copia da primeira fila a segunda forma, da segunda columna a segunda forma, e da terceira columna a terceira forma).
Podemos cambiar as formas xeométricas de posición, aquí tendes varios exemplos, pero podemos inventar tantas opcións como desexemos.
Ánimo trasniñas, ánimo trasniños, esperamos as vosas cuadrículas cheas de cores!!!!
Noraboa Alexis!!!! eres un auténtico campión!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario