19 de xuño de 2020

Ata sempre trasniñ@s

Trasniños e trasniñas as profes estamos moi moi tristes, chega o momento de decir adeus, o momento da despedida, pero hoxe as nosas aulas están baleiras e non se escoita nada o día no que a música, os bicos e abrazos debían encher o patio do noso cole. Remata a nosa etapa en infantil, unha aventura que fai xa tres anos comezamos xuntos, pero que xuntos non puidemos rematar.

Foron tres anos moi especiais nos que vivimos unha morea de aventuras, recordades algunhas?
como cando plantamos amorodos, ou fixemos a curta de animación de "é o meu aniversario", ou  creamos unha alfombra xigante de Papirus con material de refugallo e non paraban de sair voando todas as cousiñas , e cando creamos un conto de Papirus e os sete trasniños traballando os dereitos fundamentais, tamén cantamos moito coas mans, e fixemos o noso programa de radio, con sintonía e todo....

Foron momentos únicos, irrepetibles, momentos que non poderemos esquecer xamais. Para que vós sempre recordedes a vosa etapa en infantil e todos os momentos vividos, fixemos con todo o noso cariño un vídeo coas fotos e a música da aventura que hoxe rematamos.




Grazas trasniños por todo, e grazas a vós tamén, mamis, papis, avoas, avós, ás familias de cada unha das nosas e os nosos trasniños, grazas por confiar en nós e deixarnos formar parte da vida dos vosos fillos.


ATA SEMPRE TRASNIÑ@S

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Joooo que cracks!! Profe María estarás sempre mo corazonciño de Diego.
Que mestras en maiúscculas! 3 anos de agradecemento a vos!
GRAZAS!!

Victoria dixo...

GRAZAS por 3 anos inesquecibles!