11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Esta é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, este ano dedicada a Ricardo Carvalho Calero.

Se clicades na imaxe accederedes a unha actividade interactiva que o Seminario Galán propón para coñecer este día tan especial para os galegos e ao autor homenaxeado este ano.






Se queredes saber máis e ter acceso a máis propostas e actividades visitade o blog de dinamización do noso cole,  ENREDEMOS


Para desfrutar desta semana das letras imos participar no RETO REFRANEIRO, proposto por Galiza Visual, un grupo de nove docentes galegos que promove o interese no pensamento visual e a potencialidade que pode ter nas nosas aulas.

Coñecemos unha morea de refráns, como contán en aulas galegas, son coma petiscos crocantes que che permiten xogar coa sonoridade e coa metáfora que adoita ter detrás.  Convidannos a un xogo que vai pór en marcha a nosa creatividade e nos vai a conectar a través dos refráns e as imaxes que evoquen en nós.

Se vos apetece participar pensade nalgún refrán, facede un debuxo, colaxe, mestura de imaxes e palabras ou o que se vos ocorra; con lápiz, acuarela ou tablet; como máis vos guste.

Cando o teñades listo enviádeo ao noso correo infantilapedra4anos@gmail.com, estamos desexando descubrir as vosas creacións deste reto refraneiro!!






Das casas dos trasniños e trasniñas están chegando marbillosos refráns,
animádevos!! pintar refráns é moi divertido!!!





Ningún comentario: