5 de maio de 2020

O CHAN DA COCIÑA DO NÚMERO 45

Co reto de hoxe traballaremos a orientación espacial a atención, a comprensión e o razoamento lóxico.

O número 45 dentro da súa casa decidiu reformar o chan da cociña e enchelo de baldosas de cores, todos os seus amigos os números, aportaron baldosas de distintas cores e con todas elas, o número 45 ten que facer o seu chan, queredes axudalo??

A nosa misión consiste en crear unha táboa (o chan da cociña) coma a que vos mostramos na imaxe, ten 9 columnas e 5 filas. Cando teñamos a nosa táboa nun papel, pintaremos os cadradiños seguindo o modelo que vos achegamos (na fila de abaixo, o terceiro de rosa, o quinto de verde e o último de gris.....)

Temos a nosa táboa igual que á do modelo?? pois comezamos a constuir o chan da cociña, seguindo as instruccións que vos deixamos a continuación. Deberedes ir pintando pouquiño a pouco, ollo trasnisños e trasniñas escoitade ben e pensade ben o que facedes, o chan ten que quedar perfecto!!




1. COLOREA DE VERMELLO A QUE ESTÁ ENRIBA DA VERDE
2. COLOREA DE VERDE A QUE ESTÁ Á DEREITA DA ROSA
3. COLOREA DE VERMELLO A QUE ESTÁ DEBAIXO DA NEGRA
4. A MARRÓN ESTÁ ENTRE DÚAS VERMELLAS
5. COLOREA ENRIBA DA MORADA UNHA AMARELA, E DEBAIXO UNHA VERMELLA
6. A DE ENRIBA DA NEGRA É AZUL
7. PINTA DE AMARELA A QUE ESTÁ Á DEREITA DA LARANXA
8. A GRIS TEN A SÚA ESQUERDA UNHA VERDE
9. TODAS AS CASILLAS QUE ESTÁN AO REDOR DAS AMARELAS SON NEGRAS
10. AS QUE ESTÁN ENRIBA DA AZUL SON GRISES
11. A QUE ESTÁ ENRIBA DA MARRÓN É ROSA E TODAS AS DE DEBAIXO SON MORADAS



Que ben están quedando estes chans!!

Ningún comentario: