Atención trasniñ@s hoxe traémosvos unha nova encrucillada coa que traballaremos a conciencia fonolóxica, a lectoescritura e a orientación espacial, a encrucillada dos profes..... O primeiro que temos que facer é coller papel e lápiz e facer unha encrucillada coma a que vos mostramos.


Despois como fixemos coa encrucillada de contos temos que averiguar que letra vai en cada casilla, para iso, leeremos ben as definicións de cada número e cando saibades a resposta colocádea na súa celda correspondente. Trasniñ@s prestade moita atención para escribir todas as letras dos nosos nomes, se non a encrucillada non sairá.
Ánimo trasniñ@s seredes quen de recordar todos os nosos nomes despois de tantos días!!!!Botámosvos moitísimo de menos !!
Os trasniños e as trasniñas foron quen de resolver a encrucillada!!!
Moitas grazas por mandarnos as fotiños encántanos ver como traballades!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario