20 de abril de 2020

Unha pizza deliciosa!

Hoxe convidámosvos a convertervos en pizzeros e pizzeras!!

Con esta actividade repasaremos o conteo de obxectos con diferentes patróns de colocación no espazo, traballaremos a atención, a memoria visual; e reforzaremos a asociación do número á cantidade e as grafías dos números.

Instruccións:

1º Crear a base da nosa pizza.
Podemos facela recortando un círculo nunha caixa de cartón reciclando ou ben usar un prato ou bandexa que teñamos na casa.



2º Buscar os ingredientes para a nosa pizza. Podemos usar calquera cousa que teñamos na casa, pezas de construcción, pequenos xoguetes ou animais, e tamén podemos debuxar e recortar nós mesmos os ingredientes que máis nos gustan na pizza, champiñons, xamón... etc

3º Facer a nosa pizza. Os cociñeiros e cociñeiras situarán sobre a base os ingredientes da pizza sen que os trasniños e as trasniñas vexan que cantidade poñemos de cada un.

4º "comer" a nosa pizza, contando. Os trasniños teñen que contar cantas unidades hai de cada un dos ingredientes e rexistar as cantidades nunha folla.

 Para contar, debemos ir "comendo" os ingredientes que contamos, retirándoos da pizza.





Un vez que sexamos quen de contar comendo (retirando) os ingredientes, pasaremos á seguinte fase. Temos que ser quen de contar os ingredientes da pizza,  imos intentar facelsen tocalos, só cos ollos. Se non somos quen, podemos sinalar a medida que imos contando, pero non quitalos nin movelos do sitio. Que difícil!!! temos que estar moi moi atentas e atentos.

Para contar sen tocar, comezaremos por situar os ingredientes na pizza en liña, cando sexamos quen de contalos farémolo en círculo, logo cruzados e por último desordenados. Podemos poñer máis ou menos ingredientes en función da dificultade que queirades.




Estamos desexando ver as vosas deliciosas pizzas!!!

Que marabilla!! Ollade que pizzas máis deliciosas!!!

Ningún comentario: