Axuda trasniños!!!! as seguintes sílabas despistáronse e agora non saben con quen teñen que ir para formar unha palabra. Con esta misión traballamos a conciencia silábica, a lectoescritura e a orientación espacial.
Collede papel e lápiz, facede tres cachiños de tamaños similares e escribide en cada un de eles unha das sílabas da palabra ( BA -LLE -NA). Mesturamos os papeis e.... temos que ordenar as sílabas para atopar a palabra; probamos todas as combinacións posibles ata dar coa palabra coñecida.
Porpoñémosvos os seguintes exemplos e animámosvos a crear outros novos.
As trasniñas e os trasniños cumpliron á perfección con esta misión e atoparon as palabras escondidas!!!
Bravo chicas e chicos!!!
Bravo familias!!







Ningún comentario:
Publicar un comentario