3 de abril de 2020

Dende as nosas casas

Nas últimas semanas tivemos que cambiar as nosas rutinas e unir as nosas forzas para loitar xunt@s dende as nosas casas.

Que ben o estamos facendo!!!



Agora chegan uns días de descanso onde podedes seguir bailando e cantando coa nosa playlist, coidando a nosa plantiña, xogando ás cartas, coa casa dos números e co memori, podemos inventar roscos, formar palabras coas letras, xogar ao suma 10, aprender os signos da canción e gravarnos facendo algún para participar na montaxe que estamos preparando....

As profes seguimos aquí, así que non dubidedes en escribirnos e contarnos no noso mail: infantilapedra4anos@gmail.com

Moreas de bicos para todas e todos!!!


Ningún comentario: