Está mañá, Olaia, Sabela e Aida estiveron con nós no cole para amosarnos a esencia da música tradicional galega. Coas súas voces e pandeiretas fixeron que todos e todas quedásemos abraiados; coñecemos as partes da pandeireta, como as ferreñas e o coiro, cantamos, bailamos, demos palmas.... queredes velo??
Hoxe, venres 6 de marzo, estarán ás 21.30 no Auditorio de Cangas, seguro que desfrutades tanto coma nós con estas pandereteiras tan especiais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario