30 de marzo de 2020

Misión de hoxe : averigua o número oculto e encrucillados matemáticos

Hoxe propoñemos traballar os contidos "unidade" e "decena" e "anterior" e "posterior" Unha nova misión para xogar coa nosa táboa do 100.

A primeira actividade que faremos será tapar varios números ao chou da táboa do 100, sen que os trasniños miren cales tapamos; podemos debuxar nun papel diferentes formas.  A continuación a primeira misión:

 - No edificio do 100 algúns números puxeron cortinas nas súas casas. Temos que adiviñar que número se esconde detrás de cada cortina, para atopar o número escondido podemos fixarnos no que está antes, no que está despois, no que está encima ou debaixo, podemos contar desde un número....

Cando saibas que número se agocha detrás da cortina, escribeo ao carón do debuxo que ten na súa cortina.






A segunda misión para hoxe require moita concentración...... os papis ou mamis tendes que debuxar unhas cuadrículas para formar un encrucillado matemático cos números que prefirades. Trátase de completar a táboa co número anterior e posterior (-1/+1) e coa decena superior e inferior (-10/+10).

- Seredes capaces de completar o encrucillado consultando a táboa do 100? e vos atrevedes a facelo sen mirar na táboa???




Agora moito máis dificil. Crearemos encrucillados irregulares. Podedes inventar tantas formas como se vos ocorran e podemos deixar que os trasniños inventen tantas como queiran. Recordade que temos a táboa do 100 para poder consultala se o necesitamos.


 Esperamos ver os vosos encrucillados. Ánimo trasniños e trasniñas, estádelo facendo fenomenal!!!!

Ningún comentario: