Saímos da escola ben cedo...
E logo dunha viaxe en autobús onde non faltaron as nosas cancións preferidas, chegamos a Vigo e descubrimos o edificio a onde tiñamos que ir
"profe é aí que pon.. Radio Voz"
Aos pes do edificio da emisora había un parque, e decidimos visitalo para xogar un anaco...

Compartimos unhas galletas e co bandullo cheo... preparámonos para entrar na emisora de radio.
Na entrada de Radio Voz coñecimos a Nuria que nos deu a benvida e nos acompañou ata a redacción, onde estaban os redactores e redactoras traballando, procuraban información, falaban por teléfono, e tamén vimos como preparaban as follas dun xornal porque... neste edificio non só hai unha radio se non que, tamén se fai o xornal La Voz de Galicia!!Nuria presentounos a Dani, e con el entramos nunha sala moi grande que ao fondo tiña unha enorme fiestra pola que podiamos ver o estudio de radio!!!
Dende o outro lado do cristal saudamos a Bibiana Villaverde que estaba dentro do estudio facendo o programa "Voces de tu ciudad" en directo.
Dani prendeu un aparato de radio para que puideramos escoitar o programa en directo á vez que veíamos o que estaba a acontecer a través do cristal, e contounos unha chea de cousas interesantes sobre a radio.
Con Dani aprendemos como funciona a radio, o que é unha cuña publicitaria, o signos que coas máns se fan entre a locutora e o técnico que está no control, deu resposta a todas as nosas preguntas e nos acompañou a visitar un estudio de radio que non se estaba utilizando nese momento e o control técnico.


Dani presentounos a Emilio, o técnico de voces de tu cuidad, puidemos ver como traballaba dende o control subindo os volumes e poñendo toda a música, as cuñas, e as sintonías do programa de radio. Foi fantástico ver como Emilio facía unha chea de cousas á vez mentres estaba moi pendiente do que pasaba dentro do estudio a través do cristal. Encantounos ver traballar a Emilio e nos gustou moito descubrir que coñecía o noso cole porque Emilio é de Bueu e estudiou no cole de A Pedra!!
Logo da visita chegou o momento de entrar no estudio de "Voces de tu ciudad" antes de entrar Dani explicounos o significado da luz vermella, que serve para informar de que os micrófonos están abertos. Descubrimos que hai luces encima da porta e dentro do estudio para que saibamos cando temos que estar en silencio, todas e todos nos comprometemos a estar en silencio cando a luz estivera vermella e....... as portas do estudio abríronse para nós!!!
Entramos no estudio moi moi caladiños e alí coñecimos á locutora Bibiana Villaverde. Sentamos ao redor da mesa e Bibiana convidou a un representante de cada clase para que falaran con ela no programa. Bosco e Lola puxéronse diante dos micros e o fixeron fenomenal!!!!!

Dentro do estudio coñecemos a Manu Escudero, un músico que veu ata a radio para presentar o seu novo disco. Bibiana entrevistou a Manu a Yadira e a Mingos. Encantounos escoitar a entrevista dentro do estudio e sobre todo escoitar a canción que tocaron en directo.
Cando rematou o programa ás 12:00 saímos do estudio e estivemos falando con Bibiana, do seu traballo na radio, con ela descubrimos que para facer un programa de radio é moi importante falar e escoitar, traballar en equipo e apoiarse uns aos outros no traballo redacción, locutores, técnicos, produción..... preparar previamente o que queremos dicir no programa por medio de un guión e escribilo...
Cantos bos consellos nos deu Bibiana para o noso programa de radio!!!!
Antes de despedirnos recollemos un estupendo agasallo que tiñan preparado para nós!!!
O xornal de hoxe e un conto!! Que guaiii!!!
Foi unha xornada fantástica, pasámolo moi ben e aprendemos moitas moitas cousas que poñeremos en práctica na nosa radio escolar!!!
Queremos agradecer a Radio Voz o seu convite e moi especialmente a Nuria, Dani, Emilio e Bibiana por acompañarnos, por atender as nosas inquedanzas e por ensinarnos a radio dende dentro.
Graciñas por todo!!!
Se non poidestes escoitar a nosa participación no programa en directo non vos preocupedes porque Emilio gravou o audio dende o seu control técnico e enviounolo para que poidamos escoitalo sempre que queiramos!!




























Ningún comentario:
Publicar un comentario