19 de xaneiro de 2020

A Radio! a nova aventura dos Trasnos...

Os trasniños e as trasniñas comezamos este segundo trimestre con moita ilusión e con moitísimas ganas de vivir novas aventuras e seguir aprendendo xunt@s!

Seguindo a suxerencia do noso benquerido Papirus imos dedicar este segundo trimeste á Radio, nun proxecto de investigación onde agardamos descubrir unha chea de cousas ben interesantes!!!



Comezamos falando sobre o que sabemos da radio e recollemos as ideas previas nunha avaliación inicial na que debuxamos e escribimos...
- A radio é para escoitar música
- Escoito a radio no coche
- As radios teñen antena.
- Las radios son todas diferentes
- Las radios tienen un micrófono para cantar
- Teño radio na casa e escoito a canción de Papirus
- La radio la podemos poner si queremos bailar
- A radio serve para escoitala
- A radio serve para meter discos, au teño radio no coche e sae música
- La radio tiene unos botones

Logo empezamos a investigar e descubrimos que a radio é un medio de comunicación... como non tiñamos moi claro que era eso da comunicación buscamos máis información e así descubrimos distintas formas de comunicarnos: coa fala, coa escritura, con sinais de fume, con pombas mensaxeiras, con walkie talkies...


Fixemos un listado de medios de comunicación: o xornal, a radio, a tele, o teléfono, o ordenador... e os clasificamos en medios de comunicación orais que son aqueles que usan a fala para comunicar e escritos que son os que usan a escrita.


E recollemos na nosa cortiza dedicada ao proxecto de investigación, a primeira das nosas conclusións con respecto da radio: é un medio de comunicación oral.





Na escola recibimos as primeiras aportacións dos trasniños sobre a nosa investigación

Un casete de música que puxemos no noso aparato de radio comprobando que ao premer o botón do triángulo sonaba a música que tiña o casete dentro...



Auriculares que ao conectalos co cable a un aparello de música fan que a música saia por eles directamente ás nosas orellas...
















Para seguir aprendendo e investigando precisamos a vosa axuda, podedes traer a escola algunha cousa que nos axude a seguir descubrindo cousas sobre a radio???

Ningún comentario: