16 de xuño de 2019

Preparando a festa de fin de curso!!

O vindeiro xoves teremos festa rachada no cole!!

Faremos o festival de fin de curso e logo xuntarémonos todas e todos no patio para unha merendola especial!!

Cada unha das aulas do cole elexiu unha actuación para levar a cabo no festival e os trasnos escollemos dúas cancións do noso grupo de música infantil favorito... Uxía Lambona e a banda molona!!!

Os trasnos da clase da profe María cantarán e bailarán O tolo chimpín e os trasnos da profe Cris animarán a festa con A sinfonía de Uxía.

Queredes cantar e bailar con nós?? pois adiante!!!





Ningún comentario: