Ana e Jota estiveron con nós na escola o venres despois do patio. Bosco presentounos a súa mami e ao seu papi e todas e todos sentamos na alfombra para ver na pizarra máxica unha fermosa presentación de fotos coa que puidemos coñecer un pouquiño máis a Bosco á súa gran familia e as cousas que lle gustan facer.

Unha das cousas coas que máis desfruta Bosco é pintando con pinceis e como a súa mami é unha gran artista convidounos a pintar con pincel ao grande!! Estiramos na alfombra un papel enorrrrrrmeeeeee e puxémonos todas e todos aoredor; armados cun pincel e témpera de cores fomos seguindo as instruccións de Ana e así pintamos puntos de varios tamaños, un círculo pequeno, un círculo mediano, outro máis grande pero máis lonxe, e o preferido de Bosco o punto salpicado que fixemos mollando o pincel e deixándoo caer sobre o papel!! Movémonos 5 pasos á dereita, voltamos a pintar pintiñas... ata que Ana nos indicou que tiñamos que observar os puntos, círculos e pintas e transformalos no que quixeramos.... dos nosos pinceis sairon coches, flores, animáis, persoas, planetas..... Unha manchea de cousas e todas chulísimas!!!
Para rematar a actividade Bosco e a súa familia convidáronnos a pintar un cadro como verdaeiras artistas que somos!! Buscamos o noso lienzo sobre a mesa e expresamos en él o que quixemos... Unhas verdadeiras obras de arte!!
Cantas cousas aprendemos e que ben o pasamos!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario