31 de maio de 2019

Luca Otero é o prota

Esta semana o protagonista na aula da profe Cris está sendo Luca. Onte a sua mami Paula e o seu pai Eloy viñeron ao cole a pasar un ratiño con nós; e non viñeron sós, viñan acompañados por unha formiga raiña. Luca trouxo un formigueiero caseiro, contonunos que as formigas viven nunha especie de castelo, onde a formiga raíña vive e as formigas obreiras, traballando en equipo, son as encargadas de facer unha morea de tunéis, gardar a comida, vixiar o seu castelo....

No formigueiro de Luca, ademáis dos tunéis tamén vimos ovos; Luca contóunos que as formigas teñen ás pero que as femias caenselles cando van poñer os ovos.

Luca e os seus papis fixeron unha formiga con caixas de ovos e limpiapipas para cada un de nós; puxémoslles os ollos e pensamos un nome para as nosas formigas; Antenitas, Pincha, La reina, Supersaltamontes, Raimunda, Flash, Forzuda, Cañón ou Unicornio xa están nas nosas casiñas.

Moitas grazas familia




Ningún comentario: