Recibimos na alfombra a Irlanda e á súa familia que logo de presentarse explicáronnos que viñeran ao cole para convidarnos a xogar a algo moi divertido, entusiasmados escoitamos a proposta, e así descubrimos que iamos converternos en Detectives!!!!
Observamos as pistas: unhas pegadas e un pouco de pelo de cor rosa..... quen levaría os calcetíns???
Descubrimos que fóra un mounstro e que nos deixaba pistas para atopalos, percorremos distintas estancias da escola seguindo as pistas que os mounstros nos deixaron: no baño, na casiña, entre os contos, na caixa das tesouras ata que... finalmente no patio atopamos unha caixa cos calcetíns perdidos e unhas chuches que comimos entre todos para repoñer forzas logo da misión!!
Que ben o pasamos!!!
Xogar aos detectives foi xenial!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario