Este mes quixemos adiantar a festa de aniversario porque os nosos amiguiños que cumpren no mes de Maio ... xa teñen 5 anos, parabéns Matilda, parabéns Roi Mayo!!!
Cada un deles escolleu a coroa que máis lle gustaba, decorouna cunhas pegatas super chulas e unha torta con 5 candeas; Decoraron e prepararon a aula, escolleron en que biscoito querían soprar e colocaron as súas candeas. Despois cantámoslles "parabéns para ti" e... sopraron ben forte!!!!!
Matilda e Roi convidaron aos seus compis a uns pedaciños de torta, merendamos, cantamos, bailamos e festexamos que xa somos un pouquiño máis maiores.


Ningún comentario:
Publicar un comentario