7 de abril de 2019

Roi Lobelle é o prota

Esta semana, na aula da profe Cris, o encargado foi Roi Lobelle; o venres, despois do patio, convidou a sua mami Patri, o seu pai Carlos, e a sua irmá Aroa.

Primeiro, a través dunha presentación, coñecimos un pouquiño máis á familia de Roi, os avós, os primos... e unha das cousiñas que máis lles gusta facer, ir de viaxe na sua "casiña con rodas", así xuntos os catro desfrutan da neve, da natureza e das cousas alucinantes que ven nas suas viaxes como unha vez que visitaron un río con auga vermella, o un museo con dinosaurios.

Carlos é profe de maiores de Educación Física, así que aproveitou para ensinarnos como fan exercicio os nenos e nenas do seu cole a través da historia de como atoparon a Sombrita, a sua gatiña.
Carlos contounos como un día ao lado da fonte do cole alguén deixou un gatiño, acurrucado, con medo e tremendo. Nós mentres facíamos os movementos e xestos que Roi e o seu pai indicábanos (agacharnos, camiñar, correr, miañar...). Carlos colleu o gatiño con moito agarimo e levouno para casa; dende ese día Sombrita é un máis da familia. 

Roi agasallounos, a cada un de nós, cunha bolboreta, que decoramos con gometes de distintas cores,  para meter no dedo e xogar con ela, recordándonos que temos que coidar a todos os animais.


Patri tamén é profe de maoires, de Matemáticas e Ciencias; explicounos como as ciencias non son aburridas, se non máxicas, xa que ás veces  moitas cousas científicas parecen auténtica maxia, e para demostrálo fixemos dous experimentos.

Patri inflou un globo, fíxolle un nó e colleu un pau de brocheta, mollouno en aceite e preguntoulles aos nenos e neas.... que pensades que vai pasar?

Uns dixeron que o globo ía estoupar, mentres que otros rápidamente puxeron as suas mans nas orellas para non escoitar o estoupido. Patri moi amodiño introduciu a agulla dentro do globo; o globo non estoupaba, todos e todas tiñamos unha gran cara de asombro, algún aínda seguía coas mans nas orellas, e de súpeto.... o pau saíu polo outro lado; si si, polo outro lado, Patri conseguiu que a brocheta atravesara o globo sen estoupar. Alucinante!!!
Maxia??? non, maxia non, Ciencia.

O outro experimento que fixemos foi con leite. Botamos un pouco nun prato e por riba tres gotiñas de colorante separadas entre sí. Como o leite ten grasa, os colorantes non se mesturan. Despois collimos un bastoncillo das orellas o mollamos en xabón quitagraxas e tocando enriba das distintas cores.... outra vez maxia!!!! as cores escapaban do bastoncillo formando debuxos alucinantes.

Foi unha experiencia marabillosa; moitísmas grazas familia.

Ningún comentario: