26 de abril de 2019

Isaac é o protagonista!!!

Esta semana o trasniño Isaac foi o prota na aula da profe María, que ben cumpliu coas súas responsabilidades!! Pasou lista, riscou o calendario, repartiu os manteis da merenda...

E ademáis quixo compartir con todas e todos nós unha actividade chulísima e moi artística. Para realizar a súa actividade especial, Isaac convidou á escola ao seu irmán Tiago e a Samanta, a súa mami.

Con eles descubrimos unha das afeccións de Isaac, os traballos manuais. Pudiemos ver moitas das figuras de personaxes de dibus e pelis que fan na casa nos seus tempos libres e convidáronnos a facer a un animaliño ao que nós queremos moito, un ao que lle gustan moito os contos... sí, sí ao polbo Papirus!!!

Isaac e a súa mami prepararan para nós un sobre de cores onde tiñamos todas as pezas precisas para crear a nosa representación de Papirus, de modo que collemos unhas tesouras e puxémonos a traballar!!

Quedaron uns Papirus moi xeitosos e moi elegantes con sobreiro!!

Logo de rematar co noso polbiño de foami Samanta ensinounos una plastilina moi especial, que se pon dura ao secarse e que nos permite facer unhas figuriñas chulisimas!! E convidáronnos a facer a un dos personaxes favoritos de Isaac... Bob Esponja!!!

Fomos seguindo os pasos, convertemos unha bola amarela nun cadrado para facer o corpo. Engadimos dúas boliñas brancas para os ollos, e no medio desas blancas dúas negras para as pupilas; e tamén co negro un churriño para a sonrisa!!


Para rematar cun pouquiño de verde fixemos os puntiños do corpo e con moito coidado puxemos as nosas creacións a secar. Tivemos que agardar un día para que se secaran, quedamos alucinadas e alucinados co resultado, unhas chuladas!!!

Encantounos compartir este anaquiño con vos, pasámolo fenomenal!!!


Ningún comentario: