A actividade especial de Mauro coa súa familia comezou descubrindo a un animaliño moi curioso que Noelia traía nunha bolsa e cun conto "Mauro e o morcego", unha historia chulísima que a tía Cris contou para nós mentres Mauro nos ensinaba as fotografías do conto e Noelia ía contando a historia falando coas mans! Na historia descubrimos como Mauro foi de viaxe ata o Xurés para ver morcegos de verdade, atopouse cun morcego fixéronse bos amigos... e ese morcego veu a visitalo a casa dos seus avós.
Logo da historia, o padriño de Mauro que é biólogo mostrounos na pizarra máxica unha presentación sobre os Morcegos, primeiro preguntounos que sabiamos nós dos morcegos "comen sangre" "muerden" "vuelan por de noche" E logo foinos ensinando moitas das características dos morcegos onde viven, como nacen, como voan, como ven pola noite... Pudemos ver videos dos morcegos de bebés, escoitar como falan, como fan para non chocar cando voan pola noite, ver como beben agua en pleno vó e ata vimos un morcego de verdade que estaba disecado dentro dun bote!!!
Rematamos a actividade lembrando o que pensabamos dos morcegos e todo o que sabemos agora e comendo unhas deliciosas galletas con forma de morcego que Mauro e a súa familia fixeron para nós, estaban deliciosas!!!!Grazas pola visita familia, foi fantástico!!


1 comentario:
Nos tamén o pasamos moi ben!!! Grazas por invitarnos //(°,,°)\\
Publicar un comentario