Esta semana Cosme é o protagonista na clase da profe María. Para comezar a súa semana especial convidou ao cole a os seus pai Miguel e a súa nai que se chama Yolanda.
A familia de Cosme chegou á escola cunha morea de cousas interesantísimas, todas relacionadas co seu traballo, o papá de Cosme é veterinario e a mamá de Cosme é auxiliar, e os dous traballan xuntos nunha clínica onde curan e coidan ás nosas mascotas!!!
Yolanda e Miguel ensináronnos moitos ósos de animais que traían nunha bolsa e contáronnos que para poder ver os ósos dos animais non hai que quitarllos, poden verse cunha máquina de raios x. A máquina de facer as radiografías é moi grande e non puideron traela ao cole pero sí trouxeron o traxe que hai que colocarse para protexerse cando se usa... O traxe pesa moitísimoooooo. Tamén trouxeron radiografías de distintos animais que nos ensinaron na pizarra máxica, vimos unha pata dun can rota e Miguel contounos como fai para curarlo, poñéndolle unha placa e uns tornillos. Descubrimos que os ósos dos gatos son máis finiños, e por iso son uns animais tan flexibles... e ata fomos quen de interpretar as cousas que saían na radiografía descubrindo as costelas e o corazón.
Faláronnos tamén de outra máquina que usan para poder coidar os animais, o ecógrafo, que permite ver cousas que non son ósos, na pizarra máxica vimos unha ecografía dunha cadela que dentro da súa barriga tiña un canciño bebé. Foi unha chulada!!!
Pudiemos escoitar o noso corazón co fonendoscopio e ata puidemos mirar os latidos por medio dun electrocardiograma!!!
Cosme contounos que un dos aparellos que máis lle gusta é o Microscopio que é coma unha lupa xigante que nos permite ver as cousas moi moi moi pequenas, coma os glóbulos vermellos e brancos do sangue ou os bechiños que ainda que non os podemos ver cos ollos existen; e ás veces molestan aos animais.
Alucinamos coa luz ultravioleta que fai brillar moito as cousas e que Miguel e Yolanda usan para poder ver se os animais teñen fungos.
Foi unha experiencia fantástica, aprendemos moitas cousas e pasámolo fenomenal!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario