4 de outubro de 2018

O agasallo de Papirus!!!

Hoxe os trasnos levamos un conto da biblioteca do cole para casa!!!

O noso benquerido Papirus sabía das dificultades que tiñamos o pasado curso coas mochilas dos contos e decidiu botarnos unha man facéndonos un agasallo... Unhas bolsiñas sen cordeis para que poidamos levar os contos da biblioteca a casa e de casa á escola...

Na aula da profe Cris as bolsiñas son de cor azul, e verdes na aula da profe María, teñen a Papirus por unha cara e pola outra están personalizadas por cada un de nós cuns rotus de maiores... Coas nosas bolsas preparadas hoxe fomos á biblioteca e facendo uso do noso carnet escollemos entre todos os contos que alí hai aquel que queriamos levar para desfrutar na casa.

Papirus lembrounos que temos que traer os contos de volta á escola antes do vindeiro xoves para poder levar outro a casa e que temos que tratar con moito agarimo os contos e as nosas bolsiñas!!!





Ningún comentario: