18 de setembro de 2018

Un inicio de curso de cine

O pasado mércores os trasnos comezamos a nosa nova aventura 5º de educación infantil!!

Entramos na escola no noso primeiro día pola porta dos maiores!!!

E nada máis chegar sentámonos na asamblea para poñernos ao día das cousas interesantes que fixemos no verán, non tivemos moito tempo para charlar porque.... para festexar o inicio de curso as profes tiñan preparada unha saída de maiores!!!

Buscamos unha parella e collidos da man puxemos rumbo ao Centro Social do Mar, estabamos convidados polo FICBUEU para asistir a unha proxección de curtametraxes especialmente seleccionados para nós.

As curtametraxes encantáronnos!!!

E para rematar a xornada decidimos quedar a merendar no parque facendo un picnic...

Mirade!!!




Ningún comentario: