7 de xuño de 2018

Preparando a festa de fin de curso...

O curso está chegando ao seu fin, e na escola imos ter festa!!! O vindeiro xoves 21 de xuño terá lugar o acto de graduación dos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos e os trasnos imos participar nel facendo unha das cousas que máis nos gusta... Cantar e bailar!!!

En canto marcamos no calendario a data da festa puxémonos mans á obra, tiñamos moito traballo... O primeiro que fixemos foi elexir a canción que queriamos interpretar, na clase da profe María eliximos "A princesa o Caurel" e na clase da profe Cris "O canciño" de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Logo analizamos as cancións e fixemos un listado cos personaxes que nelas aparecen: cans, gatos, lume, auga, ovellas.... e cada un de nós escolleu o personaxe que quería interpretar.

Nestes días estamos traballando moito, temos que preparar o atrezzo que usaremos na actuación e ensaiar a nosa canción!!

Queredes cantar el bailar con nós??

Aquí tendes O canciño, para bailar o fandango con moita marchiña....



E aquí a Princesa do Caurel nun video no que somos nós os que interpretamos a canción falando coas mans. Mirade que ben o facemos!!!!


Ningún comentario: