20 de xuño de 2018

A excursión de fin de curso dos trasnos!!!

O pasado xoves os trasnos saímos da escola para vivir unha xornada de xogos, música e moita diversión...

Saímos cedo do cole e fomos ata a Illa das Esculturas en Pontevedra, onde nos estaban agardando o equipo de animadoras de Martina Dadá que prepararon un obradoiro cheo de xogos e diversión onde o pasamos en grande!!!

Fixemos un picnic e xogamos un anaco no parque, non tiñamos moito tempo, porque ás 12:00 tiñamos que estar na Deputación Provincial para asistir ao acto de entrega de premios do concurso "Xoga coas manciñas" onde vivimos o mellor do día... O concerto de Uxía Lambona e a banda molona, e a sorpresa que Uxía e a súa banda nos tiñan preparada, veredes.... En canto soubemos que Uxía Lambona ía actuar no acto de entrega de premios, os nenos e as nenas da clase da profe Cris escribíronlle un correo electrónico contándolle que íamos a estar no concerto e que estaban ensaiando para a festa de fin de curso a súa canción "O canciño" e pedíronlle que a tocara no acto. Uxía contestoulle nun correo moi agarimoso dicindo que... o repertorio do concerto estaba pechado e que non era posible incluír a canción. Pero cando estabamos cantando e bailando no concerto levamos unha grata sorpresa... Uxía preguntou quenes eran os nenos e nenas que estaban a ensaiar "O canciño" e a banda comezou a tocar a canción... Bailamos coma tolas e tolos....

Que ben o pasamos!!! foi un día inesquecible para todas e todos.... mirade....

Ningún comentario: