Grazas ao traballo que estamos a facer no noso proxecto dos contos, os trasnos sabemos que os contos os pintan ilustradoras e ilustradores, artistas que poñen en imaxes as historias que nos queren contar as autor@s dos contos.
Para saber máis sobre o fermoso traballo dos ilustradores decidimos invitar á escola a un dos nosos ilustradores preferidos, Marc Taeger que ademáis de ser un gran artista é o papi da nosa compañeira Matilda.
Marc aceptou encantado a nosa oferta e hoxe achegouse á escola para ensinarnos unha morea de cousas marabillosas, mirade....
Ningún comentario:
Publicar un comentario