15 de abril de 2018

Os xogos de mesa dos trasnos!

Esta semana na escola os trasnos descubrimos un novo material co que aprender xogando!!



Trátase de tres xogos de mesa onde os personaxes dos contos son os protagonistas!!! Na asamblea explicamos as regras do xogos, precisamos un dado e unhas fichas e o obxectivo é chegar ao final do camiño avanzando tantos lugares como o dado indica. Pero con moito coidado porque se caemos nas casillas nas que están o lobo, a cabra cabresa ou o gato pelado; teremos que voltar a comezar!!



Xogando cos nosos taboleiros traballamos e afianzamos moitos contidos matemáticos: o conteo, a serie numérica, a identificación e memorización visual de cantidades co dado, a asociación do número á cantidade...

Ningún comentario: