O xoves tivemos unha visita moi especial, Melchor, Gaspar e Baltasar viñeron ao noso cole!!!
Foi moi emocionante recibilos, saudalos e entregarlles as nosas cartas de reis.
Queremos agradecer aos Reis Magos a visita e moi especialmente a ANPA do cole por achegarnos á escola a maxia do nadal!!
Foi unha festa fantástica para rematar o noso primeiro trimestre na escola, as profes desexámosvos que pasedes un moi Bo Nadal e que desfrutedes das merecidas vacacións.
Agardámosvos de volta na escola o 8 de xaneiro para continuar medrando, aprendendo, compartindo, construíndo e soñando todas e todos xuntos.
Moreas de Bicos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario